® Por favor, non usar ningunha das miñas imaxes, están protexidas polo dereito de autor, en blogs,web ou calquera outro médio impreso ou visual sin a miña expresa e implícita autorización.Graciñas !!
© All Rights Reserved. Please don't use my images on websites, blogs or other media without my explicit permission. Thanks !!

lunes, 5 de diciembre de 2011

A FIFA WORLD CUP DE BEBETO E MARADONA...

A FIFA WORLD CUP OU COPA DO MUNDO DE FUTBOL... Trofeo deseñado por Silvio Gazzaniga e producido por Bertoni, Miñato (GDE Bertoni), mide 36,8 cm (14,4 in) de altura e está feito con 5 kg (11 lb) de ouro sólido de 18 quilates (é dicir, 75% de ouro) cunha base de 13 cm (5,1 in) de diámetro con dous aneis concentricos de malaquita.2 El trofeo, que pesa 6,175 kg (13,6 lb) en total, representa dúas figuras humanas sostendo ao planeta Terra. O trofeo ten a inscrición visible "FIFA World Cup" (Copa Mundial da FIFA) na súa base. Os nomes dos países que gañaron cada torneo están gravados na parte inferior do trofeo, e polo tanto non son visibles cando este está colocado verticalmente. O texto sinala o ano en cifras e o nome da nación gañadora no idioma orixinal do país gañador, por exemplo " -1978 Arxentina" ou " - 1974 Deutschland. Ata o ano 2010 dez gañadores foron gravados na base. Descoñécese se a FIFA retirará o trofeo despois de que todas as placas de nomes na base se enchan; non obstante, isto non acontecerá polo menos ata despois da Copa Mundial de 2038. As regulacións da FIFA actualmente establecen que o trofeo, a diferenza do seu predecesor, non pode ser gañado definitivamente. Ademais, en contra da crenza xeneralizada, o equipo campión só recibe a copa orixinal durante a celebración no estadio, pero non o mantén durante 4 anos, recibindo despois unha réplica (un trofeo con baño de ouro en lugar dun de ouro sólido). POIS BEN ,A REPLICA DO TROFEO ACHEGOUSE NESTES DIAS Ó RECINTO EXPOCORUÑA E ALI PUIDEN OLLALA E INCLUSO LEVANTALA IGUAL QUE O FIXERON OS MEUS IDOLOS FUTBOLISTICOS JOSE ROBERTO GAMA DA OLIVEIRA "BEBETO", E DIEGO MARADONA....DEIXOVOS LOGO CUNHAS IMAXES DO EVENTO...

No hay comentarios:

Publicar un comentario