® Por favor, non usar ningunha das miñas imaxes, están protexidas polo dereito de autor, en blogs,web ou calquera outro médio impreso ou visual sin a miña expresa e implícita autorización.Graciñas !!
© All Rights Reserved. Please don't use my images on websites, blogs or other media without my explicit permission. Thanks !!

lunes, 31 de octubre de 2011

lunes, 24 de octubre de 2011

AS MIÑAS 50 MELLORES IMAXES...(por flickr...)

Unha visión do que flickr considera que son  AS MIÑAS 50 MELLORES FOTOGRAFÍAS...Asi non teredes que ver as 200 fotografías que conforman a miña galeria de flickr.Agardo que sexan do voso agrado un saudo a tod@s!!, e  xa sabedes , se quedáchedes con gañas de seguir vendo fotos...pasádevos pola miña galeria...

viernes, 21 de octubre de 2011

BOAS AMIG@S !!!...

Toda esta aventura comeza algo mais en serio alá polo mes de setembro do 2010; pois ate aquí estiven disparando cunha compacta e incluso cunha Fs 100 de Canon . Foi entón cando me decidín a mercar o meu xoguete, a Nikon D 5000,( a que de momento ven comigo a todas partes), para poder enfocar a miña paixón cara unha formación mais seria.
  Comezo pois apuntándome a facer un curso na Asociación Fotográfica Posición B, "Técnicas Esenciais I"impartido polo fotógrafo Eduardo Castro, aquí na Coruña, esta experiencia foi moi positiva e enriquecedora, xa que nun so dia que era a duración deste curso de iniciación, saímos disparando en "M", as nosas primeiras fotos en manual !!...Aquilo enganchaba, un disparo pedía outro e entre foto e foto ,xa comecei a ver onde podía continuala formación pero con algo un pouco mais consistente,en tempo e en coñecementos...
Atopei o curso idóneo, aquí ,na Coruña; na Escola de Formación PC Carrier, e me apuntei !!.Comecei entón un fantástico proceso de aprendizaxe abordando a fotografía dende tódolos puntos de vista; dende que nace ate os nosos dias, aprendendo dende como funciona o proceso de poder captala luz e convertila en imaxe ate diversas técnicas de fotografar e de iluminar tanto en exterior coma en estudio, todo elo coma non acompañado de como realizar un bo revelado de fotografía dixital...Todo este proceso de formación foi impartido polo Graduado en Fotografía na Universidade Politécnica de Cataluña, Pablo Cabrera ; Unha formación esta que se extendeu por algo mais de 10 meses de aprendizaxe.
Entre tanto fixen cursos de menor tempo pero sempre no mundo audiovisual como puido ser o de elaboración de videoclip musical, no que realizamos un clip ó artista e músico coruñés Quete Mc Fly, para o seu tema "Sonrisas y Lágrimas"-(un videoclip que podedes atopar entre os meus traballos na columna da dereita deste blog)- dirixido e coordinado por Esferobite-DSK, con Juan Lesta e Belén Montero. Asistín tamén a un taller de fotografía de moda impartido dentro da Summer Fashion Week, polo fotógrafo Raul Lamoso, do que tamén recopilei  diversas técnicas sobre de todo no apartado de iluminación en estudio. Continuei facendo cousiñas no audiovisual como foi outro curso de iniciación e montaxe de curtametraxes, impartido por Érica Esmorís e por Omar Rabuñal, onde concretamente elaboramos unha peza ,pendente de estrea por certo,que alberga varios traballos .Entre eles o que realicei cuns compañeiros baixo o título " O Birloque , os anos escuros "(unha peza documental de 7 minutos no que se recolle a crise das drogas que sofreu o meu barrio nos 80). Participei tamén  despois no novo anuncio de Gadis "1000 anos máis""Vivamos como Galegos"( Que tamén podedes ver na columna da dereita) unha gran experiencia por certo...
En fin !!, entre todo isto non quero pasar de longo todo o importante que é para min a auto formación, internet , tutoriais e quedadas con compañeiros fotógrafos que van enriquecendo pouco a pouco a miña formación fotográfica.
Así pois, aquí comeza unha nova etapa, unha etapa onde irei compartindo con vos as fotos que vaia facendo a partires de agora, para que entre tod@s, comentándoas e falando ,poidamos ir mellorando nesta paixón que temos...
Diciros xa sin mais que o meu nome é Javier Bregua e que por exemplo serei J.BREGUA en sitios coma flickr ou vimeo ..., que teño 34 anos e moitas gañas de seguir aprendendo con vos...Así pois graciñas por pasar por este, o meu recuncho,e a seguir desfrutando ca nosa paixón...
                                                                                                                A FOTOGRAFÍA !!!

UN SAÚDO !!
                                                                        Javi Bregua...