® Por favor, non usar ningunha das miñas imaxes, están protexidas polo dereito de autor, en blogs,web ou calquera outro médio impreso ou visual sin a miña expresa e implícita autorización.Graciñas !!
© All Rights Reserved. Please don't use my images on websites, blogs or other media without my explicit permission. Thanks !!

martes, 27 de diciembre de 2011

UN PASEO POLA ABANDOADA PRISION DA CORUÑA EN 27 IMAXES.....

Comezamos unha breve visita a antiga Prision da Coruña, hoxe en dia en estado de abandono... Esta penitencieria data de 1927, construindose na época coma un edificio de vangarda, unha carcere "moderna"... Ó longo dos seus 71 anos que permaneceu en uso , moitas persoas padeceron o cautiverio entre os seus muros...So temos que entrar no seu interior para comprobar todo o que nos transmiten as suas paredes, as suas reixas,os camastros que ainda hoxe seguen onde estaban, en fin , un cúmulo de emocións percorren o noso corpo a medida que entramos nas instalacions de este historico inmoble... "Nas súas vellas e húmidas paredes, as suas reixas xa oxidadas, nos musgos e nas herbas que iniciaron o camiño da invasión por patios e tellados, nas celas, nos corredores e galerías, en todos os servizos e instalacións, no medio do silencio, só cortado por unha estremecedora música ambiental, aínda parece oírse a respiración dos homes e mulleres que a habitaron, que soñarían cada noite coa liberdade, coas súas familias, cos seus amigos... Que oirían cada día, como eu puiden escoitar, o berro, impertinente e rechamante, das gaivotas, alborotando sobre os tellados e cornixas do edifico, sobrevoando os patios. O seu berro poderían terlles parecido como unha burla, ó comparar a súa vida entre reixas coa capacidade das aves para voar e cruzar os nosos mares"...(estas palabras son extraidas dun blog que atopei e que sendubida chegou a emocionarme, botadelle un ollo xa que conta historias que sucederon muros adentro desta prision...: http://www.jubiladajubilosa.com/2010/07/cartas-desde-la-carcel-prision.html Asi pois ,pasade a dar unha volta , a ver que vos parece...

lunes, 5 de diciembre de 2011

A FIFA WORLD CUP DE BEBETO E MARADONA...

A FIFA WORLD CUP OU COPA DO MUNDO DE FUTBOL... Trofeo deseñado por Silvio Gazzaniga e producido por Bertoni, Miñato (GDE Bertoni), mide 36,8 cm (14,4 in) de altura e está feito con 5 kg (11 lb) de ouro sólido de 18 quilates (é dicir, 75% de ouro) cunha base de 13 cm (5,1 in) de diámetro con dous aneis concentricos de malaquita.2 El trofeo, que pesa 6,175 kg (13,6 lb) en total, representa dúas figuras humanas sostendo ao planeta Terra. O trofeo ten a inscrición visible "FIFA World Cup" (Copa Mundial da FIFA) na súa base. Os nomes dos países que gañaron cada torneo están gravados na parte inferior do trofeo, e polo tanto non son visibles cando este está colocado verticalmente. O texto sinala o ano en cifras e o nome da nación gañadora no idioma orixinal do país gañador, por exemplo " -1978 Arxentina" ou " - 1974 Deutschland. Ata o ano 2010 dez gañadores foron gravados na base. Descoñécese se a FIFA retirará o trofeo despois de que todas as placas de nomes na base se enchan; non obstante, isto non acontecerá polo menos ata despois da Copa Mundial de 2038. As regulacións da FIFA actualmente establecen que o trofeo, a diferenza do seu predecesor, non pode ser gañado definitivamente. Ademais, en contra da crenza xeneralizada, o equipo campión só recibe a copa orixinal durante a celebración no estadio, pero non o mantén durante 4 anos, recibindo despois unha réplica (un trofeo con baño de ouro en lugar dun de ouro sólido). POIS BEN ,A REPLICA DO TROFEO ACHEGOUSE NESTES DIAS Ó RECINTO EXPOCORUÑA E ALI PUIDEN OLLALA E INCLUSO LEVANTALA IGUAL QUE O FIXERON OS MEUS IDOLOS FUTBOLISTICOS JOSE ROBERTO GAMA DA OLIVEIRA "BEBETO", E DIEGO MARADONA....DEIXOVOS LOGO CUNHAS IMAXES DO EVENTO...

miércoles, 16 de noviembre de 2011

II QDD Nikonistas Galiza - Serra do Courel 2011..

Asi foi en imaxes para min a visita a un dos nosos paraisos ...a Serra do Courel...


































































-Un saudo para tod@s!!!, e en especial para Marisela e para Javi !!!... sodes incribles !!! grazas por ese fantástico finde !!!...