® Por favor, non usar ningunha das miñas imaxes, están protexidas polo dereito de autor, en blogs,web ou calquera outro médio impreso ou visual sin a miña expresa e implícita autorización.Graciñas !!
© All Rights Reserved. Please don't use my images on websites, blogs or other media without my explicit permission. Thanks !!

jueves, 5 de abril de 2012

LUME NAS FRAGAS DO EUME...ARDE O PARAISO...

Recordo do inmenso e interminable bosque que foi Galiza no pasado remoto...AS FRAGAS DO EUME constituen actualmente o máis importante bosque atlántico costeiro que se conserva en Europa,unha xoia forestal de máis de 9.125 hectareas de natureza viva. A súa mestura de bosque atlántico europeo con influenzas de clima mediterráneo faino especialmente interesante polo escaso que é ... Compañeir@s. esta poderia ser unha boa definicion dun dos nosos tesouros máis valiosos...que recentemente ven de ser arrasado en parte polo lume... Un incendio de grandes dimensións...parece ser que provocado...xa que parte con tres focos simultaneos... estivo a piques de borralas Fragas do Eume do mapa... No terceiro dia de lume activo, xa so con focos na Capela e algun outro cara a Monfero...dispoñemonos a percorrer o lugar para constatar de primeira man o estado no que se atopan os montes... Saimos da Coruña rumbo a Pontedeume para dende ahi dirixirnos ate as Fragas polo lado do Mosteiro de Caaveiro... Polo camiño atopamos a un rapaz andando pola estrada cunha cámara fotográfica e unha bolsa que semellaba conter bocatas; paramos para preguntarlle se se dirixia ó mesmo lugar que nos e co mesmo obxectivo...a resposta foi que si, e o libramos da caminata que o agardaba....No coche ..Pablo, que asi se chama , cóntanos que ven de Ferrol en bus ate Pontedeume , e dende ali...ia camiñando ate as Fragas....bufff !! que caminata !!... No percorrido falamos e resulta que este amigo nos comenta que dirixe unha web..e entre contos ,plantamonos no centro de interpretación ( que é onde se coordinaban todalas labores forestais ).Baixamos do coche para recadar información real da situación e nos din que quedan ainda focos de lume na Capela e xa chegando a Monfero... Preguntamos se podemos acceder á cima ...ó Monasterio e nos comentan que está curtado para os vehiculos ..por se teñen que entrar motobombas ou medios anti-lume...Os gardas dinnos que o corazón , ou coma digo eu a zoa máis coñecida ou "comercial" das Fragas está salvada...que ten algun lume baixo pero que sen problema..todo apagado e controlado.Collemos ali uns mapas e os propios gardas nos indican onde están agora mesmo os lumes...xa nos din que está a zoa tomada por  controis da garda civil e que teremos dificil o acceso...Collemos o coche e poñemos rumbo á Capela..disque era unha das zoas máis castigadas ( esta era a valoración oficial (cecais non a real..) do lugar ó que nos dirixíamos...----   A Capela-A Capela (máis de 500 ha, estimación provisional) Segue arestora activo o lume forestal rexistrado no concello coruñés da Capela, na parroquia homónima. Neste incendio a Xunta mantense, como medida preventiva, a declaración do “Nivel 1”, pola súa proximidade a vivendas. Para coordinar os medios humanos e persoais, e seguindo o Plan de loita contra os incendios forestais (Pladiga), Medio Rural e Mar propuxo este activación de “Nivel 1” como medida preventiva. O “Nivel 1” é un concepto referido a aqueles incendios que, estando baixo o control dos medios de extinción da Xunta previstos no Plan da Comunidade Autónoma, poidan, pola súa posible evolución, requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume. O lume comezou ás 15:16 horas de onte sábado. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 500 hectáreas. Os medios que traballan arestora na súa extinción son 2 técnicos, 13 axentes forestais, 20 brigadas, 12 motobombas, 3 palas e 115 efectivos da Unidad Militar de Emergencias (UME). Tamén participaron, antes da chegada da pasada noite, 5 helicópteros e 4 avións. Arestora incorporáronse de novo medios aéreos, que irán incrementándose nos vindeiros minutos ás tarefas de extinción.----O ambiente non era ahi moi bo porque non contabamos poder pasar os controis para facer unhas fotos...e nese intre no coche ,Pablo sorprendenos dicindo que ten carnet de prensa...a ledicia foi grande ...agora tiñamos que intentar entrar no corazon do incendio... A medida que avanzabamos xa comezamos a ver mais presenza policial..motobombas ..e as primeiras brigadas...seguiamos cara adiante e xa estaba o posto de control da garda civil...paramos o coche a unha veira ..e observamos...cada vehiculo que chegaba tiña que dala volta..tan so pasaban os camions da UME (unidade militar de emerxencias),e os medios informativos.Nese intre baixou Pablo do coche e se foi falar cos gardas civís..despois dunha conversa , o noso novo amigo...fixonos sinais de que deixaramos ali o coche ,que estabamos dentro!!...(eso si a pe , e dun lugar non podiamos avanzar mais porque o lume estaba ainda vivo...).dispoñemonos pois a fotografiar toda a zona e cruzamos o cordon policial....eramos prensa !! a sensacion de poder pasar foi cojonuda..Comezamos a avanzar e ós poucos metros xa atopamos á xente da UME "armandose "para entrar en acción..falamos un pouco con eles para coñecela situacion e nos comentan que por fin a zoa esta controlada...que metros mais adiante esta todo queimado e que estan eles de reten para controlalos rescoldos...e iso si lembrannos de novo o punto do que non debemos pasar porque estan traballando compañeiros e tamen medios aereos cos derradeiros focos de lume activos...asi pois ...baixamos pola ladeira do monte(ainda fumeando)..a situacion..penosa... triste...pero bueno ..eso xa podedes xulgalo vos vendo esta breve reportaxe...Agardemos que se poidan rexerar os montes nas mellores condicios posibles..queda moito por facer...UN SAUDO A TOD@S!!